quarta-feira, 14 de outubro de 2009

Facemos un chamamento de repudio ás detencións dos compañeiros da esquerda abertzale.


Axentes da Policía española entraron na sede de LAB en Donostia e detiveron a Arnaldo Otegi, Rafa Díez, Rufi Etxeberria, Sonia Jacinto e Arkaitz Rodríguez, Tamén foron arrestados Amaia Esnal, Txelui Moreno, Mañel Serra e Miren Zabaleta.
Estas detencións son unha nova provocación por parte da Audiencia Nacional amparada pola nefasta Lei dos Partidos Politicos. Por iso hoxe máis que nunca é necesario realizar unha intensa campaña nacional, estatal e internacional para denunciar esta lei antidemocratica.
Esta actuación policial esta en no marco de gráve crise pola cal atravesa a economia do estado español e padecen os traballadores. Esta provocación da Audiencia Nacional realízase cando sae a luz, unha vez máis, o financiamento inmoral e a corrupción dos partidos politicos do sistema, neste caso do Partido Popular.
Esiximos a inmediata liberdade dos compañeiros vascos.
Pola solidariedade internacionalista.
Contra a lei dos partidos politicos e a eliminación da Audiencia Nacional.

0 comentários:

Postar um comentário