quarta-feira, 30 de setembro de 2009

CONCLUSIÓNS DA FOLGA DOS METALURXICOS

A folga dos metalúrxicos de Vigo escribiu unha páxina moi importante na histórica do movemento obreiro, tanto galego como internacional A duración da mesma, o grao de conciencia, a organización, o labor unitario, o carácter asembleario, foron aspectos moi importantes deste conflito.
Esta folga foi unha clara demostración de como funciona a loita de clases. Por unha banda os traballadores representados polas súas centrais sindicais e as súas organizacións gremiais de base e doutra banda a patronal do sector cos seus aliados de clase, os grandes medios de comunicación.
O proceso de loita de clases non significa sempre que a clase obreira venza á patronal. Poden suceder distintos finais, a un conflito de clase: que os traballadores logren os seus obxectivos, que os traballadores sexa vencidos pola patronal ou se produce un tempo de espera, de acumulación de forzas para poder continuar coa loita reivindicativa.
Moitas serán as interpretacións que se sacasen deste conflito. Os máis pesimista dirán que foi un fracaso ou unha derrota, outros xustificasen os acontecementos, o que se é certo que o conflito quedase latente e a loita de clases, manifestásese nunha nova etapa de acumulación de forzas e debate ideolóxico.
A folga en se nos deixo varios ensinos, en primeiro lugar que hoxe máis que nunca debemos ter en consideración que nos enfrontamos cunha clase, con moito poder e que cada vez máis actúa profesionalmente como clase, utilizando todos os recursos necesarios para impor as súas propostas. Os empresarios contan co aparello represivo do estado e o apoio indirecto das administracións.
A patronal contou cun aliado estratéxico que son os medios de comunicación, onde se mestura intereses económicos e identificación ideolóxica. As grandes empresas da comunicación de forma continua desvirtuaron o contido das reclamacións, alentaron o malestar da cidadanía, infundieron alarma social etc.
Doutra banda a patronal contou co silencio dos partidos do sistema e a claudicación da maioría das centrais sindicais, con excepción da CIG.
Desta forma o conflito quedo illado e foi perdendo a forza necesaria, para lograr torcerlle a man á patronal.
Neste momento de desemprego, de crise capitalista, de cabreo xeneralizado, falto a folga xeral que puidese sacar o conflito a toda a sociedade, que por distintos motivos quere repudiar a situación de crise económica.
A pesar de todas estas consideracións durante estes días de mobilización e loita dos traballadores do metal, foi evidente que en todo este proceso faltaba un elemento esencial, que para os marxistas, é o partido dos traballadores, o partido da clase.
O BNG que no pasado reivindicábase de esquerdas, como organización política mantívose á marxe, os pequenos partidos que se definen como comunistas, non están en condicións de darlle o apoio necesario, a un conflito desta magnitude.
Seguramente a propia folga poña ao descuberto algunhas de ideas, dalgúns dirixentes sindicais que veñen desenvolvendo teorías parecidas, ás que estiveron de moda nas primeiras décadas do século pasado, que se coñeceu como “sindicalismo revolucionario”.
Estas ideas sindicais foron inspiradas por Georges Sorel e Arturo Labriola, onde o sindicato era a institución crave tanto para protexer aos traballadores dos seus patróns e do Estado. Esta corrente negaba a necesidade de crear un partido político dos traballadores.
A pesar da definición altamente revolucionaria, a maioría destes dirixentes terminaron en posicións reformistas.
Estas mesmas ideas seguen estando na mente de moitos dos compañeiros que hoxe son representantes sindicais. Constrúen sindicato para se, reducen a actividade sindical á negociación de melloras económicas, converténdose en administradores de conflitos.
Neste sentido é necesario dar unha batalla idioloxica no seo do movemento obreiro. Os traballadores deben ter un partido de clase, que non soamente loite polas súas condicións de vida, senón tamén que loite por cambiar a sociedade e construír o socialismo.

Nova Esquerda Socialista